publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Bernardo Tahoces destaca a aposta de Vilalba por aproveitar os recursos enerxéticos e mellorar a seguridade no parque empresarial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilalba
A-
A+

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, visitou esta mañá o parque industrial Sete Pontes, no municipio de Vilalba, no que subliñou a importancia de impulsar os polígonos como elementos estratéxicos para o desenvolvemento económico do tecido empresarial galego. Neste caso concreto, destacou a aposta feita desde esta localidade lucense pola mellora dos equipamentos das súas instalacións.

Bernardo Tahoces avogou pola colaboración institucional para levar a cabo proxectos que garanten a modernizacións dos parques empresarias de Galicia. Así, agradeceu o interese mostrado polo Concello de Vilalba para incrementar as medidas de seguridade en materia de prevención e o aproveitamento dos recursos enerxéticos, o que contribúe a mellorar a competitividade da comarca.

No polígono de Vilalba, que conta con máis dun cento de empresas asentadas, instaláronse 27 luminarias de tecnoloxía LED na vía de acceso norte ao parque empresarial. Ademais, colocouse unha columna hidrante exterior na zona nova do polígono, o que permite a subministración aos equipos públicos de extinción de incendios.

O director xeral de Enerxía e Minas incidiu na importancia deste tipo de accións que inclúen tanto a instalación de sistemas que melloran a seguridade e vixilancia dos polígonos empresariais como a posta en funcionamento de servizos centralizados de xeración e subministración de enerxía de cara ao aforro e a eficiencia no gasto enerxético. Bernardo Tahoces indicou que outros equipamentos estratéxicos para os polígonos son a creación de plantas de depuración de augas, a xestión de residuos e a posta en servizo de vías que favorecen o acceso ás empresas instaladas nos parques industriais galegos.

23 de agosto de 2016 | 17:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.