publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Beatriz Mato e Manuel Taboada asinan un convenio para a instalación de contenedores de lixo soterrados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Pino
A-
A+
Beatriz Mato na sinatura do convenio co alcalde de O Pino. Foto: C. Paz

Beatriz Mato na sinatura do convenio co alcalde de O Pino. Foto: C. Paz

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde do Pino, Manuel Taboada Vigo, asinaron un convenio de colaboración que permitirá a instalacións de varios contenedores de lixo soterrados nas Avenidas de Santiago e Lugo (que discorren pola N-547 ao paso polo núcleo de Pedrouzo).

Na actualidade estas zonas contan con contedores ubicados en superficie en beirarrúa e calzada o que se traduce nun impacto visual, sobre todo tendo en contar que están localizadas no centro da capitalidade municipal, por onde discorre o Camiño de Santiago (Camiño Francés).

Tamén se trata dun punto de actividade intensa, pois se concentra a maior parte dos centros de hostalería (cafeterías, albergues…) e locais comerciais vinculados ao Camiño, así como unha zona de elevado tránsito peonil e rodado.

Así, a actuación recollida no plan Hurbe consistirá na instalación de catro grupos de contedores soterrados con mecanismo hidráulico de carga traseira, coas súas correspondentes cubertas de almacenamento. A obra tamén implicará a instalacións de arquetas e a reposición dos pavimentos e beirarrúa demolidas durante a execución dos traballos.

Coa sinatura do convenio, que conta cun orzamento de máis de 215.000 euros, a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio poderá licitar as obras para a instalacións desta infraestrutura no Concello do Pino.

Plan Hurbe

Esta actuación inscríbese no Plan Hurbe, posto en marcha en 2010 polo Goberno galego e que ten un triplo obxectivo: fomentar a humanización das vilas; favorecer a cooperación da administración autonómica e os concellos; e promover o reequilibrio territorial en Galicia. Para conseguilo, o Plan Hurbe inclúe tres programas de actuación: humanización das rúas, urbanización e mellora de espazos públicos; e equipamentos públicos, referidos especialmente aos de carácter cultural e social.

Ao abeiro do Plan Hurbe, téñense executado 105 actuacións, cun investimento total de 112 millóns de euros. Para este ano, o investimento para toda Galicia ascende a uns 11 millóns de euros: 6 millóns previstos nos orzamentos, máis unha ampliación de 5 millóns grazas ao orzamento recibido polo cumprimento da comunidade autónoma co déficit.

18 de agosto de 2016 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.