publicidade hoxe

Avance nas obras de saneamento entre Castrelo e Pousada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

A empresa adxudicataria atópase na realización das obras de saneamento entre os lugares de Castrelo e Pousada, na parroquia de Cela, unha zona que abrangue arredor de medio quilómetro e na que se están recollendo as augas negras para conducilas aos colectores xerais do Concello e tratalos correctamente na estación Depuradora existente.

Os traballos, que xa comezaron fai dúas semanas, avanzan correctamente, tal e como comprobaron na visita realizada hoxe polo alcalde da vila, Félix Juncal, e o concelleiro de obras e servizos, Fidel Castro, que estiveron acompañados do aparellador municipal.

Esta obra faise con cargo ao Plan de Obras e Servizos 2016 da Deputación de Pontevedra, e foi adxudicada por un importe de 19.931,29 euros á empresa Acry. 

18 de agosto de 2016 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.