publicidade hoxe

As obras para o traslado dos praceiros inician a conta atrás da reforma da praza de abastos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A conta atrás para o ansiada e necesaria segunda fase de reforma e modernización da Praza de Abastos empeza a correr esta tarde co inicio dos traballos para acomodar provisionalmente os postos comerciais afectados polas obras principais. A actuación previa e o traslado terán que quedar solventado no prazo de tres semanas, a partir do cal e de forma inmediata xa se comezaría coa reforma do edificio principal do Mercado Público.

A empresa Construcciones Ediserpo será a encarada de executar os traballos de acondicionamento da zona de transición entre o edificio principal do Mercado e o pavillón da verdura, xa que será neste espazo, que estaba practicamente en desuso, onde se acomoden temporalmente a ducia de vendedores afectados pola reforma. Os traballos comezan co derribo dos tabiques vellos para redistribuír os espazos de acordo ás necesidades da actividade concreta de cada vendedor, xa que entre eles hai varios posos de verdura, unha cafetería, 3 carnicerías, unha tenda de conxelados e unha froitería. Os traballos conlevan as correspondentes tomas eléctricas, habitáculos para refrixeradores, conexión de auga e demais.

Tan pronto como estean acomodados nos emprazamentos provisionais, de forma inmediata, comezarán as obras de segunda fase de reforma da Praza de Abastos que, como se sabe, afectará a ala oeste do edificio, posto que o módulo central e a ala este xa foron obxecto de melloras na primeira fase executada hai xa uns anos. Este proxecto xa está adxudicado á empresa OGMIOS Proyectos, e xa ten designada a dirección de obra.

30 de agosto de 2016 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.