publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

As internacionais brasileiras Cilene Pereira e Rarine Betim serán reforzo nas filas laranxas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportesDeportes Portada
A-
A+

O CD Burela FS Pescados Rubén contará cos reforzos das internacionais brasileiras Cilene Pereira Paranhos e Rarine Cristina dos Santos Betim en 2016-17.

A peche Cilene Pereira, de 32 anos e habitual do combinado ‘canarinho’ desde 2005, foi recoñecida como Mellor Xogadora do Mundo en 2008. A moza ala Rarine Betim, de 21 anos e procedente do Telêmaco Borba Agricopel, debutou coa selección aos 18; no seu palmarés destaca o título de campioa Paranaense Sub 17 e Sub 20, dos Jogos Abertos do Paraná Adulto e dos Jogos da Juventude -Série A- en 2012, ademais de subcampioa coa Selección Paranaense en 2011 e subcampioa Brasileira Sub 20 en 2013.

As novas caras burelistas incorporaranse ao traballo do equipo de Lucas e Julio Delgago en canto o permitan os trámites burocráticos e serán presentadas oficialmente.

16 de agosto de 2016 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.