publicidade hoxe

As familias de acollida dos cativos saharauís montan un posto no mercadillo de Bertamiráns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmesSantiago de CompostelaTeo
A-
A+

Este sábado, 27 de agosto, as familias de Ames, Teo e Santiago que acollen nenos e nenas saharauís a través do programa “Vacacións en paz” montarán un posto no mercadiño de Bertamiráns. O concello colabora coa iniciativa cedendo un dos posto do devandito mercadiño. Por outra banda, ate o 30 de agosto continúa a campaña de recollida de materia escolar, material deportivo e cueiros. Aquelas persoas que queiran colaborar poden facelo entregando os seus donativos nas Casas de Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro.

Roupa de segunda man, avíos domésticos, obxectos de adorno e rifas. As familias que este verán acollen nenos e nenas do Sahara a través dos Concellos de Santiago, Teo e Ames montaran un posto no mercadiño que todas as tardes dos sábados se desenvolve na localidade amesán de Bertamiráns. Desde as catro da tarde e ate o peche do mercadiño, todas aquelas persoas que o desexen poden visitar este posto e colaborar con esta causa solidaria.

O obxectivo é recadar fondos para que a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí poida sufragar os gastos da viaxe dos nenos e as nenas galegas a Ames. Este ano a Compañía Aérea coa que viaxaron os rapaces e rapazas esixiu o pago de antemán dos billetes. Dado que algúns concellos, entre os que non se atopa o de Ames, non puideron afrontar nese tempo esixido o gasto, a Asociación pediu un crédito que sumado a achega en calidade de préstamo que fixeron algunhas familias de acollida propiciou que os 325 nenos e nenas que tiñan prevista a viaxe a Galicia puideran facela. Co recadado no mercadiño deste sábado, a Asociación pretende afrontar estas débedas en tanto os Concellos que aínda non pagaron o fagan.

Por outra banda e ate o día 30 de agosto, está en marcha a campaña de recollida de material escolar, material deportivo e cueiros para bebés e adultos que A Asociación Galega de Solidariedade co Pobo Sahariano, en colaboración co Concello de Ames, pon en marcha co obxectivo de aproveitar a viaxe de volta dos rapaces e rapazas saharauís que pasan o verán en Galicia enchendo as bodegas do avión con cousas que son necesarias nos campamentos de refuxiados. As persoas interesadas en colaborar poden facer as súas achegas n as Casas de Cultura de Bertamiráns e Milladoiro. 

26 de agosto de 2016 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.