publicidade hoxe

As bandas Tiruleque e Xosé Lois Romero & Aliboria actuarán na Romaría de Santa Margarida

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendario
A-
A+
Europa Press

A música tradicional e o folk tomarán a cidade de A Coruña esta fin de semana coa programación da Romaría de Santa Margarida, que nesta edición contará coa actuación das bandas coruñesas Tiruleque e Xosé Lois Romero & Aliboria.

As dúas formacións actuarán este sábado 27 de agosto no parque de Santa Margarida, nuns concertos que empezará ás 20,00 horas e nos que tamén participarán Os d ‘Abaixo e Pesdelán.

A romaría este ano, segundo os promotores, convértese no colofón ás Festas de María Pita e reformula a súa natureza, ao celebrarse en conexión coas agrupacións cidadás que participan dende decembro de 2015 nas ‘foliadas de Ardelloeixo’, proxecto de dinamización da cultura tradicional promovido polo Concello.

Ademais dos concertos nocturnos, o programa de actividades está previsto en catro prazas temáticas, dedicadas ao baile (Praza de Vigo), a música (Xardíns de Méndez Núñez), os faladoiros (Praza de Galicia) e o público infantil (Praza de Lugo).

O horario dos concertos é o seguinte: Pesdelán (20,00 horas), Tiruleque (21,30 horas), Xosé Lois Romero & Aliboria (23,00 Horas) e Os d ‘Abaixo (00,30 horas).

23 de agosto de 2016 | 20:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.