publicidade hoxe

Arte e natureza danse cita no I Encontro de Cabo Udra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

Dicía Henry David Thoureau no libro Camiñar que “creo que non podería manter a saúde nin o ánimo sen dedicar ao menos catro horas diarias, e habitualmente más a deambular polos bosques, colinas e pradeiras, libre por completo de toda atadura mundana”. Seguindo esta máxima, o Concello de Bueu segue organizando actividades de posta en valor da cultura en estreita relación coa natureza. Tal é o caso do I Encontro de Arte e Natureza que terá lugar o vindeiro 27 de agosto de 11 a 20 horas na Aula da Natureza de Cabo Udra.

Esta actividade servirá para poñer en valor un dos espazos máis naturais e emblemáticos cos que conta a vila buenense , ao tempo que se realizan obras de arte onde se reflexiona sobre o espazo e nas que o paseo sexa o protagonista.

O proxecto, que parte da concellaría de cultura, estará dirixido por Antón Sobral e Xaime Toxo. O primeiro será o encargado de dar unha charla introdutoria ás 11 horas da mañá a propósito dos artistas que fixeron e fan do paseo a súa práctica artística.  Ao longo do día os participantes traballarán paseando e camiñando polo espazo seguindo as pautas dadas na charla. O encontro rematará cunha posta en común das obras ou reflexións feitas no paseo desde as 18 ata as 20 horas.

Hai unha vintena de prazas e as inscricións deben realizarse no Departamento de Cultura, no correo cultura@concellodebueu.org ou no teléfono 986 32 43 38.  

17 de agosto de 2016 | 11:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.