publicidade hoxe

Arte e natureza danse cita no I Encontro de Cabo Udra este sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

Dicía Henry David Thoureau no libro Camiñar que “creo que non podería manter a saúde nin o ánimo sen dedicar ao menos catro horas diarias, e habitualmente más a deambular polos bosques, colinas e pradeiras, libre por completo de toda atadura mundana”. Seguindo esta máxima, o Concello de Bueu segue organizando actividades de posta en valor da cultura en estreita relación coa natureza. Tal é o caso do I Encontro de Arte e Natureza que terá lugar mañá sábado de 11 a 20 horas na Aula da Natureza de Cabo Udra.

Esta actividade servirá para poñer en valor un dos espazos máis naturais e emblemáticos cos que conta a vila buenense , ao tempo que se realizan obras de arte onde se reflexiona sobre o espazo e nas que o paseo sexa o protagonista.

O proxecto, que parte da concellaría de cultura, estará dirixido por Antón Sobral e Xaime Toxo. O primeiro será o encargado de dar unha charla introdutoria ás 11 horas da mañá a propósito dos artistas que fixeron e fan do paseo a súa práctica artística.  Ao longo do día os participantes traballarán paseando e camiñando polo espazo seguindo as pautas dadas na charla. O encontro rematará cunha posta en común das obras ou reflexións feitas no paseo desde as 18 ata as 20 horas.

Aínda que xa hai quince persoas inscritas, poden achegarse as que desexen participar desta experiencia de reflexión e creación.

26 de agosto de 2016 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.