publicidade hoxe

Arco Iris personarase nos procesos xudiciais polos incendios de Cerceda e Corcubión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCercedaCorcubiónLocal Portada
A-
A+
Europa Press

A asociación ecoloxista Arco Iris asegurou que se personará nos procesos xudiciais contra os presuntos autores dos incendios forestais. En concreto, solicitarao para os casos que afectan os municipios coruñeses de Cerceda e Corcubión.

Segundo trasladou a entidade este martes a través dun comunicado, este venres manterá unha reunión coa súa xunta directiva para aprobar esta iniciativa, que terá como obxectivo principal os procesos contra a presunta incendiaria do lume de Cerceda, en prisión, e o presunto autor do de Corcubión, en liberdade provisional.

Neste sentido, os integrantes de Arco Iris manteñen que sempre tiveron “unha liña argumental rigorosa” ante este asunto e culpan aos poderes públicos pola “falta de capacidade” para facer fronte a esta “secuela”, que todos os anos arrasa os montes de Galicia e xera unha “enorme alarma social”.

Ademais, o grupo sinalou como principais problemas a inexistencia de labores preventivos durante os meses de inverno, a precariedade dos empregos de brigadistas e “a errática xestión dos medios aéreos”.

Por outra banda, Arco Iris apuntou a que hai unha “nula xestión” dos residuos forestais pola falta de plantas de biomasa e a existencia de maleza que xera unha “polvoreira” nos montes. Por iso, lamenta, “o raro sería que non houbese incendios forestais”.

16 de agosto de 2016 | 16:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.