publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Apertura do prazo para solicitar as “jaimas” das Festas do Cristo 2016

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

A partir de mañá, mércores 17 de agosto, os locais que o desexen poderán solicitar a ocupación das “jaimas” para as Festas do Cristo 2016, que normalmente son empregadas por locais do municipio para realizar servizos de bar. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro do Concello en horario de atención ao público (de 9:30 a 13:30 horas).

As instancias irán dirixidas á Concellaría de Cultura, sendo a data límite de presentación das mesmas o venres 19 de agosto. Ademais, deberán ir acompañadas da licenza do local e do DNI do xerente. Os locais de Cangas terán preferencia sobre os locais de fóra do municipio, podendo ocupar estes unha das “jaimas”, sempre e cando os locais do concello non ocupen a totalidade das mesmas.

16 de agosto de 2016 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.