publicidade hoxe

Adxudicada unha actuación para pavimentar o vial entre Gándara e Campo de Patas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

A xunta de goberno local procedeu á adxudicación dunha actuación conxunta entre os concellos de Riveira e Porto do Son consistente na pavimentación do vial que une o lugar de Gándara (en Oleiros) coa de Campo de Patas, en San Pedro de Muro.

Cómpre lembrar que a materialización desta obra é posible despois de que ambas administracións locais decidiran formalizar a principios deste ano a solicitude dunha axuda á Xunta ao abeiro da orde 23/12/2015 para a creación e/ou mellora de infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.

A empresa en que recaeu a realización da actuación foi Canarga, S.L., por un importe de 44.717 euros, IVE incluído. O prazo de execución son dous meses.

Proxecto

Actualmente, o tramo obxecto da actuación presenta un firme de calzada bastante deteriorado, cun ancho de rodadura de cinco metros. O obxectivo fundamental que se persegue reside en ampliar a plataforma de rodadura nun metro (pasando de 5 a 6 metros) ademais de mellorar o firme actual cunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente.

Tamén inclúe a construción dunha nova rede de drenaxe de pluviais con tubo de PVC e as correspondentes arquetas. 

26 de agosto de 2016 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.