publicidade hoxe

Actuación teatral da compañía lucense “Lucecús Teatro” na Praza da Vila de Sarria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSarria
A-
A+

Desde o Centro Comercial Urbano de Sarria – ACES comunican que o vindeiro mércores día 31 de agosto ás 20:30 horas, está prevista a actuación teatral da compañía lucense “Lucecús Teatro”, na “Praza da Vila”, que foi aprazada o pasado mércores debido á climatoloxía adversa.

Esta actuación enmárcase dentro do Programa “Cultura sobre Rodas” da Deputación de Lugo. Dentro de devandito programa, este mércores teremos a actuación de “Lucecús Teatro” coa peza teatral “A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna”. Trátase dunha homenaxe a Manuel de María; a partir dos textos de Manuel María constrúese unha viaxe divertida e curiosa a través de varias historias que lle ocorren a este máxico personaxe. Unha obra apta para todos os públicos, que convidan a gozar mañá mércores. 

Doutra banda, as compras realizadas desde o venres 26 de agosto até mañá en comercio asociado a CCU Sarria, poden ter premio. Para iso, os clientes de ACES- CCU Sarria unicamente terán que depositar o ticket de compra cos seus datos (nome e teléfono) durante a función de teatro e ao finalizar sortearanse varios vales de compra.

30 de agosto de 2016 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.