publicidade hoxe

Ábrese o prazo de inscrición para o II Acuatlón Santa Ifigenia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueuDeportes
A-
A+

O Concello de Bueu abre o luns o prazo para inscribirse no II Acuatlón de Santa Ifigenia que se celebrará o 17 de setembro na praia da Banda do Río. Este evento, organizado polo Club de Atletismo Corredoiras, en colaboración da Comisión de Festas da Banda do Río e o Instituto Municipal de Deportes, combina unha primeira carreira a pé, natación e de novo carreira a pé, tomando a saída na rúa Montero Ríos á altura da estatua Johán Carballeira.

As categorías, tanto masculinas como femininas, son alevín, que percorrerán 500 metros correndo, 200 nadando e outros 500 correndo; infantil, que cuxas distancias serán de 1000, 400 e 1000 respectivamente; e cadete, con 1500,500 e de novo 1500.

As inscricións faranse cubrindo unha folla de inscrición que se pode descargar na web do Concello e que se deberá entregar no Departamento de Deportes. O  máximo de participantes por categoría é de cincuenta haberá trofeos para os tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada categoría.

26 de agosto de 2016 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.