publicidade hoxe

Ábrese o prazo de inscrición na Aula de Música de Bueu

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

O Concello de Bueu abre o período de inscrición na Aula de Música para o vindeiro curso, cun total de 68 prazas nas que se poderán anotar as persoas interesadas ata o 31 de agosto. A actividade vai organizarse tanto para adultos como para infantil/xuvenil en diferentes niveis e desenvolverase entre o 15 de setembro deste ano e o 15 de xuño de 2017.

As materias que se impartirán son canto, solfexo, piano e música activa.  Os criterios de admisión son estar empadroado/a en Bueu, ter asistido á Escola de Música en anos anteriores nas materias nas que se inscribe, e un nivel de coñecementos musicais a valorar pola mestra.

O custe de cada unha das modalidades é de 5 euros ao mes, e o pagamento do primeiro mes deberá facerse por adiantado previa solicitude do documento de auto liquidación na Oficina de Xestión Tributaria, para a continuación proceder á inscrición.

As follas de inscrición poden descargarse na web municipal: www.concellodebueu.org. 

16 de agosto de 2016 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.