publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A “XXIII Xuntanza dos Nosos Maiores” reúne na Carballeira de Ribadumia a 200 persoas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia informa que o pasado domingo día 21 de agosto tivo lugar a XXIII Xuntanza dos Nosos Maiores que xuntou a preto de 200 persoas para compartir un día de festa na súa honra tanto veciños de Ribadumia como de Concellos próximos.

Unha misa solemne puxo o punto de partida os actos que tiveron lugar durante toda a xornada. O remate da mesma dou comezo unha comida de confraternidade onde os nosos maiores puideron intercambiar recordos, añoranzas e as gañas de gozar de bos momentos.

Pola tarde foron numerosos os que participaron nas actividades programadas, como por exemplo o concurso de baile ou xogos tradicionais.

Ademais de ditas actividades durante a xornada como detalle pola asistencia, entregouse un moedeiro a cada un dos convites. E destacamos a entrega dunha figura conmemorativa o avó e avoa da Xuntanza. Neste caso o do avó recaeu en D. Ramiro Vázquez Pintos de 95 anos de idade e a avoa foi Dna. Peregrina Señoráns Piñeiro de 92 anos de idade.

Agradecer a todos os que se achegaron a compartir este día e que gozaron da xornada.

23 de agosto de 2016 | 12:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.