publicidade hoxe

A Xunta inicia as actuacións de reparación e mellora na estación de autobuses de Viveiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaViveiro
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, comeza hoxe as actuacións de mellora na estación de autobuses de Viveiro.

Estas obras contan cun investimento de máis de 60.000 euros que serán achegados polo Goberno galego. As citadas actuacións están enmarcadas no Plan Renove de estacións de autobuses de Galicia, que centra as súas accións na mellora deste tipo de instalacións.

Os traballos a executar nesta estación de autobuses centraranse na substitución do canalón nas cubertas de dársena, así como a construción dun muro que funcionará como cerre perimental. Estas actuacións tamén repararán o pavimento deteriorado na zona de circulación dos autobuses.

O proxecto ademais contempla accións de adecuación da instalación eléctrica: cadros eléctricos, luminarias de emerxencia, ou tomas de corrente. Ademais levaranse a cabo a retirada e substitución do cerramento perimetral da estación mediante a construción dun muro.

24 de agosto de 2016 | 16:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.