publicidade hoxe

A Xunta executará 6 novas sendas na comarca de Lugo para facilitar unha mobilidade segura e sustentable

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLáncaraLugo
A-
A+

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, presentoulle hoxe ao alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, a proposta dun itinerario peonil e a ampliación da ponte sobre o río Neira, na estrada entre A Pobra de San Xiao e Baralla (LU-621), no marco da segunda fase do Plan de Sendas de Galicia, que prevé na comarca de Lugo 6 novos itinerarios.

Vázquez Mourelle subliñou que a Xunta aposta por unha mobilidade sostible e pola mellora da seguridade viaria e traballa con intensidade no desenvolvemento do Plan de Sendas, xa nunha segunda fase, co obxectivo de dotar nosos veciños de sendas seguras, sostibles e integradas na paisaxe.

Na comarca de Lugo proxéctanse seis novas sendas: Novo trazado do Camiño Francés- Ponte de Portomarín; estrada antiga de Santiago- Toiriz; A Pobra de San Xiao- urbanización río Neira; Rábade- enlace A-6- Begonte; Outeiro de Rei- As Rozas- Matela; e Friol. A conselleira, concretou a petición dos medios de comunicación, que o investimento para estas sendas na comarca lucense ascende a preto de 2,5 millóns de euros.

Plan de Sendas de Galicia, 2ª fase, comarca de Lugo

Novo trazado Camiño Francés – Ponte de Portomarín

Estrada antiga de Santiago – Toiriz

A Pobra de san Xiao – Urbanización río Neira

Núcleo urbano de Rábade – Enlace A-6 e Enlace A-6 – L.T.M. Begonte

Outeiro de Rei – Campo de Fútbol e Urbanización as Rozas – Matela

Friol

Nova senda en Láncara

Vázquez Mourelle explicou que este novo itinerario no Concello de Láncara, incluído na 2ª fase do Plan de Sendas de Galicia, na comarca de Lugo, dará continuidade ás beirarrúas da travesía do municipio executada pola Xunta o ano pasado, e permitirá completar o percorrido entre A Pobra de San Xiao e a urbanización de Valdriz.

O proxecto construtivo para esta actuación, que contará cun investimento de 340.000 euros, estará en redacción antes de que finalice o ano.

A titular de Infraestruturas indicou que estas actuacións facilitaranlle aos veciños os desprazamentos a pé entre estes dous núcleos de poboación e incrementarán a seguridade viaria.

A proposta presentada hoxe recolle a construción dunha senda peonil de medio quilómetro de lonxitude para mellorar a mobilidade entre estes dous núcleos residenciais. Tamén contempla a ampliación da ponte sobre o río Neira, dotándoa dun ancho maior polo que, tras a intervención, disporá de 2 carrís e dunha senda peonil que favorecerá os desprazamentos de vehículos e peóns.

Neste proxecto tamén se prevé a execución doutras actuacións complementarias para atender e tratar de dar resposta ás demandas veciñais que teñen traslado, polo que se procederá á corrección da curva existente no contorno da ponte para incrementar a visibilidade; e remodelarase a intersección de acceso á urbanización de Valdriz, coa construción dunha nova glorieta.

30 de agosto de 2016 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.