publicidade hoxe

A sala Domínguez Búa acolle unha mostra con obras de Manuel Cerviño, Chus Vázquez e Henrique Prado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

A sala Domínguez Búa acolle do 29 de agosto ao 4 de setembro unha nova exposición con obras dos pintores Manuel Cerviño e Chus Vázquez e do escultor Henrique Prado, que decidiron desde xa fai uns anos expoñer xuntos. A exposición, de temáticas e enfoques diferentes, leva por título “Diverxencias” e nela os espectadores poderán ver en torno a sete obras de cada un dos participantes.

Tal e como destaca o cangués Henrique Prado, a temática é variada. Así, el mesmo céntrase na escultura figurativa e abstracta, propoñendo nesta exposición unha merecida homenaxe ás xentes e concellos do mar, a esa dureza das fábricas e da pesca, baixo o lema de “Conserva a vida”. Pola súa banda, Manuel Cerviño destaca na pintura paisaxística, e máis concretamente, nos cadros mariñeiros, e Chus Vázquez, defínese como unha pintora de cadros surrealistas e críticos.

O horario de visita desta mostra será de luns a xoves de 10.30 a 14.30 e de 17 a 20 horas; o venres, de 10.30 a 21 horas; e a fin de semana de 10 a 21 horas.

26 de agosto de 2016 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.