publicidade hoxe

A queixería lalinense HOXE apoia en Celanova a Volta Ciclista 2016

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanovaLalín
A-
A+

A Cooperativa de queixos galega Hoxe, situada en Borralla (Lalín, Pontevedra), apoia un ano máis á Volta a España no seu paso pola Comunidade de Galicia. Este ano brindará aos afeccionados da Volta unha degustación dos seus queixos este sábado no tramo que pasa por Celanova. Baixo o slogan “Hoxe imos de Volta”, a queixería contará na Praza Maior de Celanova cun estand conxunto con outros provedores locais de Carrefour, marca patrocinadora da Volta coa que colabora Hoxe.

Trátase do segundo ano no que Hoxe participa nesta competición deportiva tras a Volta de 2014 na que tamén contou con percorridos por Galicia. Para apoiar as actividades de patrocinio de Carrefour, Hoxe estará presente esta tarde no acto de presentación das actividades da cadea de supermercados programadas para esta Volta. A partir das 15.30 horas a queixería estará na Praza Bispo Cesáreo de Ourense cunha degustación dos queixos que comercializa en Carrefour.

Fundada en 1973, a queixería lalinense brindará aos asistentes de Ourense e de Celanova os seus queixos máis representativos, D.O. Tetilla, D.O. Arzúa Ulloa e Cremosiño A Queixeira. “Consideramos importante apoiar competicións deportivas como esta que achegan á xente o deporte e fan disfrutar ó vivo do mesmo e tamén das diferentes comarcas de Galicia. Identificámonos con esta filosofía de proximidade e disfrute do noso país”, explica Lito Andión, xerente de Hoxe. 

19 de agosto de 2016 | 16:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.