publicidade hoxe

A Praza do Concello de Riveira albergará unha sesión contacontos a partir de historias orais recompiladas por Neira Vilas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Servizo de Normalización Lingüística en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística, vai realizar este sábado unha nova actividade de promoción do galego consistente na sesión de contacontos “Contos vellos para rapaces novos”.

A acción, que está enmarcada no programa”Culturea, cultura e lingua no verán” da Xunta de Galicia, terá lugar ás 12 do mediodía na praza do Concello (ou en caso de chuvia, na Biblioteca Municipal) e está dirixida a público infantil e familiar.

Trátase dunha sesión contacontos con posta en escena teatral na que a compañía Bolanda fai unha homenaxe a Xosé Neira Vilas, rescatando as narracións orais dos cinco continentes que o maxistral escritor galego recompilara no seu “Contos vellos para rapaces novos.

23 de agosto de 2016 | 12:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.