publicidade hoxe

A praia de Lapamán acollerá este xoves o III Concurso de castelos de area

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

A concellaría de turismo de Bueu organiza por terceiro ano consecutivo o III Concurso de Castelos de Area, que terá lugar este xoves na praia de Lapamán, entre as cinco e as sete da tarde. Nela poderán participar ata unha trintena de nenos e nenas de 6 a 14 anos, que deberán facer as inscricións na Oficina de Turismo, a través do correo turismo@concellodebueu.org ou no teléfono 986 32 44 57.

Por outra banda, continúan as rutas de sendeirismo de todos os sábados, neste caso pola zona dos montes de Ermelo – A Paralaia. A andaina é gratuíta con inscrición previa e saíra ás 10 horas desde a Igrexa de Santiago de Ermelo, percorrendo oito quilómetros polas inscricións do bispo Xelmírez, os montes da Paralaia, a carballeira de Ermelo – Coiro ou o antigo camiño medieval. As inscricións deberán facerse tamén na Oficina de Turismo.

16 de agosto de 2016 | 17:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.