publicidade hoxe

A pista polideportiva de Pedroso acollerá a festa gastronómica do porco ao espeto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

A Asociación de Veciños “Virxe da O” de Pedroso e o Concello de Narón organizan –en colaboración co establecemento Maxi Pedroso- unha nova edición da festa gastronómica do porco ao espeto, unha tradicional cita que terá lugar este sábado, día 20, a partir das 21.30 horas. A convocatoria desenvolverase na pista polideportiva de Pedroso, baixo unha carpa con capacidade para unhas 300 persoas, e na mesma non faltará unha actuación musical para amenizar a xornada. A comezos desta semana xa se venderan máis de 200 tickets para acudir a esta convocatoria, tal e como recordou a organización. A concelleira de Festas, Mar Gómez, animou á veciñanza a asistir a esta cita, que reúne cada ano a numerosas persoas na parroquia de Pedroso.

A organización puxo á venta tickets para adultos, a un prezo de 15 euros, cun menú a base de porco ao espeto ou churrasco, pan e patacas, bebidas, postre e café, e outro infantil de sete euros –sen café- para nenos e nenas de 7 a 14 anos. Os tickets dispoñibles comezaron a venderse hai varios días e as persoas interesadas en adquirilos poden facelo -no caso de que queden dispoñibles- contactando coa organización, a través do número de teléfono 629 370 174 (Roberto). 

18 de agosto de 2016 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.