publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A IV Bandeira A Mariña decidirá aos gañadores da Liga Galega de Traiñeiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportesDeportes PortadaLugo
A-
A+
Presentación da IV Bandeira A Mariña

Presentación da IV Bandeira A Mariña

O Deputado de Deportes,Pablo Rivera Capón, e o Alcalde de Burela, Alfredo Llano, acompañados derepresentantes da Liga de Traiñeiras; presentaron este xoves no salón de plenosdeste concello mariñán a IV Bandeira AMariña, última proba puntuable do campionato galego de traiñeiras. Oorganismo provincial colabora na organización deste evento, que atraerá a pretodun millar de persoas á Mariña durante a última fin de semana de agosto, cunhaachega económica de 18.000 euros.

Rivera Capón sinalou que“esta cuarta edición da Bandeira A Mariñaserá sen dúbida a máis importante dos últimos anos xa que, a diferenza doutrasedicións, a puntuación dos participantes que van á cabeza é moi similar. Istofará que o gañador da Liga Galega de Traiñeiras máis disputada da historia sedecida o sábado 27 en Burela coa final da Liga A”.

O Deputado de Deportessinalou ademais que “non só está en xogo o premio de campión senón que tamén sevai a disputar durante esta fin de semana o playoff de ascenso e descenso, decidíndose que embarcacións baixan á Liga B e calessoben á máxima categoría. Todo isto fará que a Mariña reúna durante a fin desemana do 27 e 28 de agosto a un total de 21 traiñeiras, 500 remeiros e máis de1.000 espectadores”.

A IV Bandeira AMariña disputarase, polo tanto, nunha dobre xornada con dúas regatas enformato contrareloxo. Mentres que en Burela as traiñeiras sairán dunha en unha,en Ribadeo farano de dúas en dúas, tal e como explicaron os responsables daLGT. Por outra parte, o domingo en Ribadeo competirán tamén as embarcaciónsfemininas, sendo esta unha das cinco probas que se disputan en total ao longodo ano.

18 de agosto de 2016 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.