publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A internacional ucraína Julia Forsiuk xa está inmersa na pretempada burelista

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

A internacional ucraína Julia Forsiuk compartirá o traballo de pretempada co CD Burela FS Pescados Rubén. A polifacética e completa xogadora (Kiev, 1985), que recala na Mariña como tricampioa no seu país co Inter Media Service, con liga, Copa e Supercopa, xa leva dous días compartindo os adestramentos baixo a dirección de Lucas e Julio Delgado. Recoñecida como Mellor Xogadora de Ucraína en 2008, 2010, 2015 e formada no WFC Belichanka (2000-12), Julia tamén militou no fútbol sala ruso en 2013-14 con MFK Tyumen, antes de incorporarse ao Inter Media. 

18 de agosto de 2016 | 14:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.