publicidade hoxe

A Guarda recibe 40.000 euros do Plan Concellos para o parque de San Lorenzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra, mediante resolución presidencial, vén de aprobar unha nova achega de 38.547,82 € para o concello da Guarda para a realización dunha serie de melloras no parque de San Lorenzo. Trátase dunha contía incluída na liña 1, de investimentos, do Plan Concellos 2016.

Esta partida xa vén sumarse a outras aprobadas para A Guarda dentro da liña 1, por un importe total de 286.188,96 €. Foron investimentos para a realización de melloras no pavillón das Solanas, a reparación do campo de fútbol municipal, a adquisición de elementos audiovisuais para o Castelo de Santa Cruz, de mobiliario para a Casa dos Alonso máis outro mobiliario urbano e a dunha varredora. Na liña 2 tamén se aprobaron 106.945,39 € para gastos correntes novos e pagamento a acredores. Por outra banda, ao abeiro da liña 4, dedicada á promoción de emprego, o Plan Concellos achegou 160.037,50 € para a contratación de 24 traballadores e traballadoras municipais. Na liña 3 achegáronse 26.689,5 para actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais.

No que levamos de 2016, o Plan Concellos leva concedido nun 86,7% do total destinado para A Guarda, cuns investimentos totais ata agora de 618.409,17 €.

29 de agosto de 2016 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.