publicidade hoxe

A Garda Civil investiga a un veciño do Porriño por vender armas brancas prohibidas a través de Internet

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO PorriñoSucesos
A-
A+
Tarxetas e chaves navalla requisadas

Tarxetas e chaves navalla requisadas

A Garda Civil investiga a un mozo, veciño do Porriño, que foi identificado como o titular dun perfil de Facebook no que se anunciaba a venda de armas brancas cualificadas como prohibidas.

As indagacións levadas a cabo por efectivos do Posto Principal do Porriño iniciáronse ao ter coñecemento de que nun perfil de Facebook anunciábase a venda de accesorios de supervivencia e entre eles cartóns-navalla e chaves-navalla. As vendas xestionábaas por whatsapp a través do teléfono móbil, que tamén anunciaba no seu perfil, e todos os produtos vendíaos polo módico prezo de 5 €uros.

Tanto os CARTÓNS como as CHAVES navalla están consideradas como armas brancas prohibidas segundo os últimos informes emitidos  pola Intervención Central de Armas e Explosivos, por considerar que a súa tenencia supón un risco evidente para a integridade física das persoas.

En consecuencia, unha vez identificado o responsable do perfil de Facebook no que se publicitaba a venda deste tipo de armas prohibidas, D.E.C, de 19 anos, veciño do Porriño, notificóuselle a súa situación procesual de investigado como suposto autor dun delito de tenencia ilícita de armas prohibidas, ao serlle incautados cinco CARTÓNS-NAVALLA e cinco CHAVEIROS-NAVALLA.

 

30 de agosto de 2016 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.