publicidade hoxe

A Garda Civil detén a dous veciños de Vigo por furtos de botellas de bebidas alcohólicas nun supermercado de Cambados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambadosSucesosVigo
A-
A+

A Garda Civil detivo a J.F.G.,  de 21 anos de idade e a J.F.R., de 28, ambos os veciños de Vigo, como supostos autores de varios delitos leves de furto de botellas de bebidas alcohólicas nun supermercado de Cambados.

Estes furtos foron realizados, supostamente, polos  dous mozos vigueses desde o mes de decembro de 2015 ao actual mes de agosto, logrando apoderarse dun total de 41 botellas, de distintas marcas e prezos, por un valor aproximado duns 900 euros, das que foron recuperadas 26.

Para levar a cabo estes feitos utilizaban uns alicates cos que cortaban as alarmas das botellas, os cales tamén  foron incautados. 

As detencións, realizadas na mañá de onte día 22, son froito das investigacións realizadas por compoñentes do Posto Principal de Cambados.

Os detidos, que contan con amplos antecedentes policiais, unha vez instruídas as correspondentes dilixencias, quedaron en liberdade coa obrigación de presentarse no Xulgado de Instrución número CATRO de Cambados cando para iso sexan requiridos.

23 de agosto de 2016 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.