publicidade hoxe

A Dirección Xeral de Xuventude promove a participación dos máis xóvenes en actividades de educación non formal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAranga
A-
A+

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe ao grupo de 6 mozos e mozas de entre 16 e 24 anos de idade que están a desenvolver en Aranga un programa de voluntariado xuvenil, cuxo obxectivo principal o de dinamizar a poboación xuvenil para a súa participación en actividades de educación non formal no ámbito cultural, deportivo e medioambiental.

A iniciativa se enmarca no Servizo de Voluntariado Xuvenil, un programa que conxuga os beneficios que leva aparellada a acción voluntaria, como son o fomento da solidariedade, a sensibilización cos máis vulnerables ou o compromiso coa mellora do conxunto da sociedade, coa importancia que para os propios mozos e mozas ten o poder participar nestas experiencias de educación non formal.

Este ano, o servizo permite incorporar en toda Galicia a 714 mozos e mozas como voluntarios en 100 propostas de entidades de acción voluntaria e concellos. As actividades prioritarias do Servizo de Voluntariado Xuvenil son a de recuperación da cultural, arte e tradicións populares; as actividades con colectivos en situación de risco, colectivos xuvenís ou relacionadas coa igualdade de xénero; os programas de voluntariado no ámbito familiar e os de colaboración nos trazados xacobeos.

Na provincia da Coruña, as entidades de acción voluntaria que contan con este recurso son 26 e os concellos, 20. En total coordinan a 352 novos voluntarios/as xuvenís.

Os participantes nestas acción poderán solicitar unha certificación oficial da experiencia adquirida, que poderán engadir aos seus currículos. Galicia tamén é pioneira na certificación da experiencia voluntaria, unha das grandes novidades e vantaxes que se recolle na Lei de Acción Voluntaria de Galicia, o marco lexislativo para o voluntariado que aprobou por unanimidade o Parlamento de Galicia en 2011.

30 de agosto de 2016 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.