publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación de Lugo impulsa as artes tradicionais colaborando coa XXV Feira da Malla de Meira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaLugoMeira
A-
A+
Presentación da Feira da Malla de Meira

Presentación da Feira da Malla de Meira

A Deputada de Cultura,Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, o Concelleiro de Cultura e Deportes deMeira, Agustín Méndez Moirón, e o Presidente da Asociación Amigos da Malla, ManuelPardo, presentaron este xoves nos xardíns do Pazo de San Marcos a XXV Feirada Malla de Meira, que terá lugar neste concello lugués o domingo 21 deagosto.

García Porto subliñou que“dende o organismo provincial achegamos 2.000 euros para financiar asactividades que se celebrarán nesta cita de interese turístico de Galicia, tale como facemos con outras datas desta natureza, como a Festa das Fachas deTaboada”. Neste senso, García Porto destacou a importancia de colaborar nestetipo de iniciativas que, aparte de promocionar os produtos e artes tradicionaisda provincia, axudan a dinamizar a economía da zona e, polo tanto, a xerarriqueza”.

Pola súa banda, o Concelleirode Cultura e Deportes agradeceu a colaboración da Deputación “nesta cita xaconsolidada na comarca que atrae a centos de persoas de toda a provincia quedeciden achegarse ao noso Concello a desfrutar dunha xornada lúdica e cultural,que afonda na nosa identidade común”.

O Presidente da AsociaciónAmigos da Malla salientou tamén a “importancia da colaboración institucionalneste tipo de citas, que axudan a facer historia na provincia, amosando ásnovas xeracións, como eran os traballos dos nosos antepasados”.

Programación

A xornada arrancará as10:00 horas, cando comezarán as demostracións en vivo da Malla. Durante axornada, actuará a Banda de Música Municipal e Pandereteiras de Meira; osGrupos de Acordeonistas Foldorevés e Sin Palabras; Trío Muralla eo Cuarteto Xermolos. Ademais, tamén haberá durante todo o día exposición demaquinaria de mallar e artesanía, así como actividades para os máis cativos.

18 de agosto de 2016 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.