publicidade hoxe

A Consellería do Mar mellora a seguridade do vial de acceso ao porto de Meloxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, vén de mellorar a seguridade do vial de acceso ao porto de Meloxo, no Grove, cun novo pavimentado. O organismo portuario destinou arredor de 30.000 para esta actuación.

En concreto, a actuación executada consistiu no fresado e pavimentado duns 4.000 metros cadrados do vial de acceso ao porto, así como a reposición de todas as marcas viais existentes e a reparación e posta a cota de todos os rexistros.

Esta obra levouse a cabo coa finalidade de acondicionar o estado do vial e de mellorar a seguridade, tanto dos vehículos que circulan por el, como dos peóns que levan a cabo o seu traballo nas instalacións portuarias.

A Consellería do Mar, a través de Portos e Galicia, está levando a cabo diversas obras de pavimentación en diferentes portos do litoral galego. Así, ata o momento realizáronse ou están a piques de comezar obras en diversos portos como son o de Vilanova, O Grove, Escarabote, Cabo de Cruz, Mugardos, Vilaxoán e Portosín, entre outros. 

17 de agosto de 2016 | 12:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.