publicidade hoxe

A Consellería do Mar levará a cabo a reposición do pavimento da rampla de varada do porto de Aldán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, comezará esta semana as obras de reposición do pavimento da rampla de varada do porto de Aldán, que suporá un investimento duns 54.000 euros.

Así, construiranse máis de 1.500 metros cadrados de novo pavimento co fin de facilitar o traballo dos usuarios que traballan nesta instalación e mellorar a operatividade desta infraestrutura de descarga.

A Consellería do Mar leva a cabo a reparación e acondicionamento de ramplas, a reposición de pavimentos nos viais de acceso e circulación interior e a mellora das explanadas portuarias seguindo solicitudes do sector e das confrarías de pescadores que empregan habitualmente estas instalacións portuarias.

17 de agosto de 2016 | 12:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.