publicidade hoxe

A Consellería de Medio Ambiente mellorará o saneamento do concello de Moraña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMoraña
A-
A+

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e a alcaldesa de Moraña, Luísa Piñeiro, veñen de asinar un convenio de colaboración para a posta en marcha de actuación de mellora do saneamento neste concello.

En concreto, Augas de Galicia disporá dun orzamento de 60.000 euros para mellorar as estacións de bombeo de augas residuais do concello.

Con esta actuación, preténdese mellorar as condicións de vida dos veciños deste concello, de tal xeito que poidan ter un mellor servizo de saneamento que redunde na calidade das augas dos ríos da súa contorna.

26 de agosto de 2016 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.