publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Consellería de Medio Ambiente investirá 125.000 euros na mellora da rúa A Lama

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOímbra
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio investirá preto de 125.000 euros na mellora da rúa A Lama, no Concello de Oímbra. A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e a alcaldesa de Oímbra, Ana Mª Villarino Pardo, asinaron o convenio de colaboración no que se recolle este compromiso.

Segundo o proxecto, os traballos consistirán na reparación da rede de abastecemento de auga potable, na reforma e ampliación da canalización da rede eléctrica e de telecomunicacións e na instalación de rede de alumeado público. As obras completaranse coa nivelación da rúa e a pavimentación da mesma en pedra e formigón.

Coa sinatura do convenio de colaboración, a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo xa pode licitar as obras nas vindeiras semanas.

Plan Hurbe

Este investimento inscríbese no Plan Hurbe, posto en marcha en 2010 polo Goberno galego e que ten un triplo obxectivo: fomentar a humanización das vilas; favorecer a cooperación da administración autonómica e os concellos; e promover o reequilibrio territorial en Galicia. Para conseguilo, o Plan Hurbe inclúe tres programas de actuación: humanización das rúas, urbanización e mellora de espazos públicos; e equipamentos públicos, referidos especialmente aos de carácter cultural e social.

19 de agosto de 2016 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.