publicidade hoxe

A Consellería de Cultura destina 35.000 euros para mellorar os espazos socioculturais de Curtis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+
Román Rodríguez na sinatura do convenio co alcalde de Curtis

Román Rodríguez na sinatura do convenio co alcalde de Curtis

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e mais o alcalde de Curtis, Javier Caínzos, asinaron hoxe un convenio de colaboración para dotar de equipamento e mellorar as instalacións do Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro, un núcleo onde se realizan multitude de accións culturais ao longo do ano. Co fin de axudar a que estas actividades se realizan nas mellores condicións, así como para garantir o conforto dos profesionais e do público asistente ás mesmas, o departamento de Cultura da Xunta de Galicia destinará un total de 35.000 euros para a adquisición do material necesario.

Con este convenio, de similar natureza a outros asinados cos concellos de Lalín e Mondariz para equipamento das bibliotecas municipais, garántese o acceso e uso do edificio nunhas condicións óptimas, favorecendo e promovendo así a utilización destas instalacións por parte de todos os cidadáns do municipio.

Cómpre lembrar que neste edificio de usos múltiples se realizan gran número de actividades socioculturais, dado que o utilizan tanto as distintas asociacións como o propio Concello. Entre outras accións, nestas instalacións celébrase o Nadal Cultural, bailes de salón, a Semana Cultural de Teixeiro, etc.

23 de agosto de 2016 | 11:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.