publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Xunta e Asociación de Empresarios Grovenses enxalzan a boa acollida de ‘Súbete ao Grobús e veranea’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+
Nava Castro e Cores Tourís na xuntanza coa Asociación de Empresarios Grovenses

Nava Castro e Cores Tourís na xuntanza coa Asociación de Empresarios Grovenses

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e representantes da Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servizos (EMGROBES) reuníronse esta mañá para abordar o funcionamento da iniciativa “Súbete ao Grobús e veranea”, posta en marcha pola Asociación de Hostalería do Grove e Monbús para fomentar o turismo e a mobilidade na zona durante o verán.

O Grobús estará en funcionamento ata o 31 de agosto para ofrecer un servizo de transporte circular que realizará 12 frecuencias diarias percorrerá entre as 11 e as 6 da mañá cunha duración por viaxe de 43 minutos nos que efectuará 20 paradas para achegar ao visitante aos principais puntos de interese do municipio do Grove, chegando incluso ata a Illa da Toxa en 3 das 12 frecuencias diarias. Permítese incluso viaxar con mascotas xa que se habilitou para tal fin a bodega do autobús.

O billete ten un prezo único de un euro e pode mercarse en calquera dos negocios participantes ou no propio autobús, cun prezo neste caso de 1,40 euros. A maiores, o prezo do billete pode bonificarse ao realizar unha compra mínima nalgún dos establcementos asociados, que son máis de 60 entre cámpings, hoteis, museos, restaurantes, taparías, pubs, cafeterías e outros.

Neste caso, as compras de 15 euros ou máis en restaurantes, taparías, comercios e no acuario supoñen un desconto do 100% do prezo do billete. Se a compra é de 5 euros en cafeterías e pubs supón unha bonificación do 50% do importe do billete.

A iniciativa pretende facilitar os desprazamentos ás praias e tamén á oferta de ocio nocturno do municipio nos horarios de maior demanda en cada caso. A acollida está sendo moi positiva e exitosa, rexistrando uns 2.500 ususarios beneficiados en apenas tres semanas.

15 de xullo de 2016 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.