publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha persoa resulta ferida grave nun atropelo en Bergondo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBergondoLocal PortadaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha persoa resultou ferida grave na mañá deste venres tras ser atropelada ante a Casa Consistorial do concello coruñés de Bergondo. Segundo a información do CAE-112 Galicia, o suceso ocorreu ao fío das 10,00 horas deste venres e foi o propio persoal do concello o que deu a voz de alarma.

Até o lugar desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Betanzos, Protección Civil e persoal sanitario do 061 no helicóptero medicalizado con base en Santiago, que trasladou ao ferido ao hospital.

15 de xullo de 2016 | 16:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.