publicidade hoxe

Unha persoa ferida nunha colisión entre cinco coches en Redondela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRedondelaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha persoa resultou ferida na mañá deste xoves na AP-9 ao seu paso pola localidade pontevedresa de Redondela, nun accidente de tráfico no que se viron implicados cinco vehículos.

Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 6,25 horas deste xoves no quilómetro 151 da AP-9, onde chocaron tres vehículos. Posteriormente, outros dous turismos chocaron contra o primeiro sinistro.

Até o lugar mobilizáronse efectivos de Garda Civil e de xestión de estradas, así como unha ambulancia do 061, que trasladou a unha persoa ferida a un centro hospitalario.

7 de xullo de 2016 | 10:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.