publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha muller sufre un brote psicótico e mata a dous familiares e fire a un terceiro en Arzúa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúaLocal PortadaPortada esquerdaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha muller que sufría un brote psicótico matou supostamente dous familiares de avanzada idade na localidade coruñesa de Arzúa e causou feridas a unha terceira persoa.

A Garda Civil recibiu unha alerta durante a madrugada deste mércores por unha agresión nun domicilio do lugar de Figueroa, en Arzúa, onde unha muller de 46 anos e diagnosticada de problemas psiquiátricos agrediu cunha arma branca ao seu sogro, de 79 anos.

O home foi evacuado, con cortes leves na cara e colo e hematomas por golpes, ao Hospital Clínico de Santiago por unha ambulancia do 061. Así mesmo, a muller foi trasladada á unidade de psiquiatría do mesmo centro, onde quedou ingresada por un posible brote psicótico.

O macabro achado produciuse horas despois, na mañá deste mércores, cando un familiar chamou a Garda Civil informando de que vira sangue no pomo da porta da vivenda duns parentes da muller, a casa da cal está a escasos 15 metros da da presunta atacante.

No interior, os axentes localizaron, sobre a cama, os cadáveres dun matrimonio, un home e unha muller de 98 e 84 anos, que faleceron por feridas de arma branca. Os axentes atribúen estas mortes á mesma muller.

27 de xullo de 2016 | 16:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.