publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha muller falece afogada nun río na Pobra do Caramiñal

Europa Press

Unha muller de 67 anos, I.R.P., faleceu este xoves afogada mentres se bañaba no río Pedras, na localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal. Segundo confirmaron fontes do CAE-112 Galicia, o suceso ocorreu pouco despois das 13,30 horas no lugar de Portocarro, nunha poza natural do río Pedras.

Até o lugar do suceso desprazáronse efectivos da Garda Civil, Protección Civil e Bombeiros de Riveira. Así mesmo, o 061 mobilizou a unha ambulancia asistencial, persoal sanitario do centro de saúde e ao helicóptero medicalizado, que non puideron facer nada pola muller.

14 de xullo de 2016 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.