publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha muller de 74 anos falece atropelada en Ponteceso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontecesoPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha muller de 74 anos faleceu este venres atropelada por un vehículo ante o Centro Cultural da localidade coruñesa de Ponteceso. Segundo a información do CAE-112 Galicia, un particular alertou pasadas as 9,30 horas informando de que se produciu un atropelo na Avenida de Carballo, en Ponteceso.

De inmediato foron mobilizados efectivos da Policía Local, Garda Civil de Tráfico e GES de Ponteceso. O 061 desprazou unha ambulancia asistencial acompañada de persoal sanitario do centro de saúde, que só puido certificar a morte da muller, C.T.C., de 74 anos.

22 de xullo de 2016 | 11:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.