publicidade hoxe

Un total de 16 empresas presentan as súas ofertas á redacción do proxecto de conexión do Porto Seco de Monforte coa estrada N-120

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoMonforte de Lemos
A-
A+

Un total de 16 empresas presentan as súas ofertas para a redacción do proxecto construtivo da conexión co Porto Seco de Monforte coas estradas LU-933 e N-120.

O obxectivo desta actuación é impulsar unha conexión que reforce a competitividade do Porto Seco de Monforte de Lemos, proporcionando unha maior seguridade e comodidade aos usuarios desta infraestruturas industrial. Trátase dunha infraestrutura moi demandada e estratéxica para o desenvolvemento económico e empresarial de Monforte, posto que reforza de forma significativa a conectividade do maior polígono empresarial do sur de Lugo.

A Xunta rematou a finais do pasado ano a primeira fase para a conexión do Porto Seco coa estrada LU-933, que supuxo un investimento de 5,3 millóns de euros, quedando pendente a execución dunha segunda fase, a continuación ata a N-120, que agora se impulsa.

O proxecto responde a unha configuración coordinada co Ministerio de Fomento, que simplifica e fai viable economicamente a conexión entre a estrada autonómica que enlazará co Porto Seco e coa N-120 cuxo desdobramento proxecta a Administración central. Así, a actuación proxectada suporá un investimento aproximado de 2,5 millóns de euros.

29 de xullo de 2016 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.