publicidade hoxe

Un peón e un motorista resultan feridos nun atropelo en Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasSucesos
A-
A+
Europa Press

Un motorista atropelou a última hora deste xoves a unha muller na localidade pontevedresa de Cangas, un accidente no que ambos os dous resultaron feridos e precisaron asistencia sanitaria.

Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso aconteceu despois das 23,30 horas nas proximidades da Praza de Abastos da localidade.

Ata a zona desprazáronse os Bombeiros do Morrazo, a Policía Local e Protección Civil, así como dúas ambulancias do 061, que trasladaron ao hospital tanto ao motorista coma ao peón.

22 de xullo de 2016 | 10:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.