publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un octoxenario falece tras caer a un pozo en Viana do Bolo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSucesosViana do Bolo
A-
A+
Europa Press

Un home de 84 anos faleceu a última hora deste luns tras precipitarse ao interior dun pozo na localidade ourensana de Viana do Bolo. Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, a alerta recibiuse sobre as 23,00 horas. Foi a esposa da vítima a que, ao detectar a súa ausencia, saíu na súa busca e atopouno no interior do pozo.

Ata o lugar do suceso, no lugar de Castiñeira, desprazáronse efectivos da Garda Civil, Protección Civil de Viana do Bolo e persoal sanitario do 061, que só puido confirmar a morte do home, de iniciais R.V.V.

5 de xullo de 2016 | 10:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.