publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un home falece en Patón ao quedar atrapado dentro dunha empacadora

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPantónPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home resultou falecido a última hora deste luns na localidade lucense de Pantón nun accidente cunha máquina agrícola, tras quedar atrapado dentro dunha empacadora.

Os feitos sucederon despois das 20,00 horas nunha leira propiedade da vítima na zona de Castillón, onde o home se atopaba traballando.

Até o lugar do suceso desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Monforte, Garda Civil e 061. O persoal de emerxencias tardou varias horas en poder liberar o cadáver do home do interior da empacadora, así como en apagar un pequeno incendio rexistrado na zona.

12 de xullo de 2016 | 10:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.