publicidade hoxe

Tres feridos nun accidente de tráfico no Porriño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO PorriñoSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha colisión entre dous vehículos rexistrada durante a noite do mércores na localidade pontevedresa do Porriño saldouse con tres persoas feridas, aínda que o seu estado non reviste gravidade.

O sinistro tivo lugar nunha intersección da N-550 na parroquia de Atios, sobre as 23,00 horas do mércores, segundo a información do CAE-112 Galicia.

Até o lugar desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Baixo Miño, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e Protección Civil, así como persoal sanitario do 061, que trasladou aos tres feridos a un centro sanitario.

Por outra banda, unha persoa resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado na mesma estrada, a N-550, ao seu paso pola localidade coruñesa de Teo.

O sinistro ocorreu sobre as 1,00 horas da madrugada na parroquia de Calo, na curva das Galanas. O vehículo saíuse da vía e deu varias voltas de campá.

No operativo participaron efectivos dos Bombeiros de Ordes, do GES da Estrada e da Garda Civil de Tráfico, así como persoal sanitario do 061.

7 de xullo de 2016 | 10:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.