publicidade hoxe

Sanidade prevé licitar en agosto as obras para rematar a construción do centro de saúde de Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

O Servizo Galego de Saúde ten previsto licitar, no vindeiro mes de agosto, os traballos necesarios para rematar a construción do centro de saúde de Gondomar, logo da resolución do contrato coa empresa adxudicataria por incumprimento culplable.

Neste eido, Sanidade vén de obter o informe favorable do Consello Consultivo para resolver o contrato coa empresa contratista, trámite imprescindible para volver licitar a obra e poder rematar así os traballos de construción desta infraestrutura sanitaria.

Deste xeito, o Sergas continúa avanzando cara a poñer a disposición da cidadanía galega, no vindeiro ano, esta nova infraestrutura, que vén reforzar a Atención Primaria e a mellorar a calidade asistencial en Gondomar e a súa área de influencia.

27 de xullo de 2016 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.