publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Reabre á circulación a totalidade da autoestrada Santiago-Brión (AG-56) tras as actuacións de acondicionamento do noiro desprendido por un temporal

A Xunta abrirá a circulación na totalidade da autoestrada Santiago-Brión (AG-56) esta tarde, aproximadamente ás 18 horas, tras a execución de actuacións para arranxar as incidencias ocasionadas polos temporais do inverno.

Cómpre lembrar que a semana pasada abríase o carril dereito da AG-56 e hoxe complétase a reapertura coa posta en servizo do segundo enlace a Bertamiráns.

Nesta autoestrada no inverno tivo lugar un desprendemento dun noiro por mor da meteoroloxía adversa, polo que a empresa concesionaria executou e financiou os traballos necesarios para que os usuarios poidan transitar con total normalidade e seguridade.

O derrubamento deste noiro na AG-56, a autovía que une Santiago e Brión, obrigou a manter cortado un dos carrís en dirección a Compostela, así como o ramal de entrada á autovía neste punto (enlace Bertamiráns Norte).

1 de xullo de 2016 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.