publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Prisión sen fianza para catro dos detidos en Galicia dentro dunha operación nacional contra o tráfico de drogas

Europa Press

Os xuíces de garda de Padrón (A Coruña) e Vilagarcía (Pontevedra) enviaron prisión provisional, comunicada e sen fianza a catro dos seis detidos en Galicia nunha operación a nivel nacional contra o tráfico de drogas desenvolvida este martes.

Segundo informaron dende o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), dous dos seis detidos pasaron a disposición xudicial na mañá deste xoves no xulgado de Padrón, que decretou o ingreso en prisión para un deles e liberdade provisional para o outro. Ambos os dous están investigados por un delito de tráfico de drogas.

O mesmo delito se imputa aos outros catro detidos en Galicia, que pasaron a disposición xudicial nun xulgado de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), que decretou o ingreso en prisión de tres -dous homes e unha muller- e a liberdade provisional do cuarto.

O resto dos detidos en territorio nacional pasaron a disposición xudicial en Madrid -1-, Almería -1- e Cartagena -4-. Estes catro últimos foron tamén enviados a prisión provisional.

Durante o operativo, que se desenvolveu de forma simultánea en varias provincias españolas, foron detidas 12 persoas por tráfico de drogas. Ademais das detencións, practicáronse varios rexistros con motivo da investigación, que foi declarada secreta.

28 de xullo de 2016 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.