publicidade hoxe

Política Social entrega 15 diplomas aos participantes no curso de panadería dentro da estratexia de inclusión social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+
Entrega de diplomas

Entrega de diplomas

Un grupo de 15 persoas, que participan a través do equipo de Inclusión de Marín na Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020, impulsada pola Consellería de Política Social e cofinanciada polo Fondo Social Europeo, remataron hoxe un curso de panadería, bolería e canapés, do Concello de Cangas.

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, presidiu esta mediodía a entrega de diplomas nas instalacións da Asociacion Provincial de Panadería e Pastelería da Provincia de Pontevedra (APROINPPA), na cidade de Vigo, onde foi impartido o curso.

Perfecto Rodríguez afirmou que “a formación técnica e práctica, como é o caso, confire ás persoas competencias profesionais que se converten nunha conexión directa entre elas e as necesidades reais do mercado laboral”.

O curso, que comezou o pasado 4 de xullo, tivo unha duración de 50 horas, e o seu contido xirou en torno a técnicas básicas de elaboración de masas de pan e produtos de pastelería, así como de confección de canapés. O obxectivo deste tipo de actuacións é favorecer e posibilitar a inserción laboral dos participantes en sectores concretos da nosa economía, favorecendo ao mesmo tempo a ampliación dos seus currículos.

Este curso forma parte do plan de actuacións, incluído nos itinerarios de inserción socio-laboral da administración autonómica, que os dispositivos técnicos comarcais do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar deseñan para os participantes na Estratexia de Inclusión Social de Galicia.

O departamento de Inclusión do Consorcio -da Consellería de Política Social- conta na actualidade con 18 oficinas comarcais repartidas polo territorio da comunidade autónoma, máis un centro no módulo penal de Teixeiro (A Coruña). No pasado ano 2015, as oficinas de Inclusión da Xunta de Galicia atenderon a 10.230 persoas.

15 de xullo de 2016 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.